Axenda da Plataforma

Xornada Debate: Os transxénicos, a súa afección no medio e na alimentación

O venres 9 de abril celebrarase unha xornada de debate sobre os transxénicos e a súa afección no medio e na alimentación. O evento terá lugar ás 20h na Casa da Cultura de Bertamiráns.

Nel participarán José Ramón Vidal, do Dpto. de Fisioloxía Vexetal da USC, Charo Sánchez, representante da Plataforma Galega Antitransxénicos e Noa Estévez, representante da Rede Galega de Consumo Consciente e Responsable.

17 Abril, 2ª MANIFESTACIÓN ESTATAL ANTITRANSXÉNICOS EN MADRID

Despois da experiencia do ano pasado, neste 2010 unha serie de colectivos e organizacións promovemos baixo a lema "Por unha agricultura e unha alimentación libres de transxénicos" unha nova Semana estatal de loita contra os OMG (entre o 5 e o 17 de abril, con especial énfase na semana do 12-17 abril).

Esta culminará cunha manifestación o 17 de abril, que terminará ante a sede do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño en Madrid para amosar o rexeitamento da sociedade civil á introdución de organismos xenéticamente modificados na nosa agricultura e a nosa alimentación.

Charla o xoves 28 de xaneiro en Compostela

Este xoves 28 de xaneiro, Charo Sánchez, do Sindicato Labrego Galego e María Xosé Ogando, de Verdegaia, darán unha charla sobre organismos xeneticamente modificados no local da Gentalha do Pichel en Compostela ás 20:30 h.

Primeiro encontro entre a PGA e a Xunta do Partido Popular

Como resposta á solicitude de reunión enviada dende a PGA á Dirección Xeral de política Agroalimentaria mañá, 15 de febreiro ás 12:00 horas, a Plataforma Galega Antitransxénicos reunirase co Xefe de Servizo de Sanidade e Produción Vexetal, D. Ramón Lamelo Otero.

Este será o primeiro encontro entre a PGA e o goberno galego dende que o Partido Popular preside a Xunta de Galicia.

Os principais pontos a tratar serán:

  • posicionamento Goberno fronte aos OXM
  • medidas concretas previstas polo Goberno para poñer en práctica os acordo acadados no Parlamento Galego o 26 de novembro
  • posicionamento e presentación de propostas por parte da PGA

Os impactos dos transxénicos, na biodiversidade e no ser humano, centrarán un debate na Facultade de Bioloxía

Este mércores, a partir das 12.30 horas, no salón de actos do Edificio de Ciencias Experimentais.

Coa participación de representantes do Ministerio de Medio Ambiente, da empresa Monsanto e de grupos ecoloxistas.

Lucía Costas | Vigo

MANIFESTAÇOM ESTATAL EM ZARAGOZA O 18 D´ABRIL

Autocarros de balde, saida o 17 d´abril (confirmada desde Compostela, valorando establecer um roteiro de recolhida).

Anota-te já no tlf. 649 541 773 ou no endereço comunicacion@galizasentransxenicos.org (indicando: nome, tlf, e-correio)

Os transgénicos a debate: Palestra de Lídia Senra e Charo Sánchez Parga

Lídia Senra -Secretaria de Organizaçom do SLG- e Charo Sánchez Parga -Secretaria de Meio Ambiente Terra e Montes do SLG-, integrantes da Plataforma anti-Transgénicos, exporám a debate as consequências da producçom e o consumo de alimentos modificados geneticamente. A palestra terá lugar na Revolta (Rua Real 32, rês-do-chao. Zona Velha. Vigo) manhá, quinta-feira 19 de Março às 20:30 hrs.

26N: Rolda de Prensa

Mércores 26, ás 11:45. Rolda de prensa:
Posicionamento da PGA perante da Proposición non de Lei para a Declaración da Galiza zona libre de transxénicos.

Ás 11:45 explicarase o posicionamento da PGA por medio dunha rolda de prensa que terá lugar no exterior do Parlamento da Galiza (Rúa do Hórreo, 63, Santiago de Compostela) , onde estaremos concentrad@s dende as 09:30 para receber ás/ós parlamentari@s con comida transxénica a fin de comprobar as súas reaccións.

26N: Tod@s ao Parlamento Galego

Compostela, 24 de Novembro do 2008. A Plataforma Galega Antitransxénicos convoca a cidadanía galega a concentrarse diante do Parlamento (Rúa do Hórreo, 63) o vindeiro mércores 26 de novembro, no que se debaterá a Proposición non de Lei para a declaración da Galiza zona libre de transxénicos.

26N: Galiza libre de transxénicos!

O vindeiro Mércores, 26-N, ás 11:30 am todas/os ao Parlamento Galego!!! Debate da Proposición non de lei para a declaración da Galiza zona libre de transxénicos.

Representantes da Plataforma Galega Antitransxénicos acudirán ao debate. Mentras, no exterior, organizarase unha acción-protesta (pancartas, disfraces...) para deixarmos ben claro que o povo galego rexeitamos a manipulación xenética da Nosa Terra.

Estamos perante dunha oportunidade histórica. Tod*s sabemos o muito que hai que traballar para cambiar as cousas, desta vez estamos a tempo de paralas antes de que sucedan.

A nosa terra zona libre de transxénicos,


Theme & Icons by N.Design Studio
Distribuir contido