O estudo británico afirma que o consumidor ten pouca información sobre os OMGs. Baixo o título "Explorando as actitudes cara aos alimentos modificados xeneticamente (Exploring attitudes to GM food), a Axencia Británica de Seguridade dos Alimentos (FSA) publicou as conclusións do seu último estudo no que se analiza a actitude do consumidor ante os alimentos modificados xeneticamente (OGM). O estudo destaca nas súas conclusións que os consumidores teñen pouca información sobre estes alimentos e que demandan maior claridade para poder elixir libremente.
O texto explica que os consumidores desexarían que a información sobre os alimentos MG procedese dunha fonte fiable, con argumentos científicos e contrastables. A información ofrecida polo Goberno sobre estes alimentos conta con defensores e detractores, mentres que a FSA, autora deste estudo, é considerada independente, imparcial e crible.
En canto á etiquetaxe destes alimentos, os consumidores consideran que é confuso e piden que todos os produtos que inclúan procesos MG o sinálen na etiquetaxe, incluso aqueles produtos animais que sexan alimentados con pensos MG.
Ademais, o estudo reflicte que os consumidores sentense confundidos sobre temas como a influencia dos alimentos MG sobre a saúde, a escaseza de comida no mundo, a harmonía no medio ambiente e o benestar animal.
Documento: Exploring attitudes to GM food - Final Report
Fonte: vidasana.org











Enviar un comentario novo