Nanobiotecnoloxía, a invasión invisible dos nosos alimentos

O impacto da nanobiotecnoloxía na alimentación e a agricultura

O Grupo ETC editou un extraordinario traballo dos potenciais perigos da Nanotecnoloxía na súa aplicación na produción e transformación de alimentos.

Parece ser que xa non hai límites na creación de novas formas de vida, nunca concibidas na evolucion natural.

As tecnicas transxénicas serviron e serven para xogar a Frankestein, enlazando por exemplo xenes de rata con xenes de leituga, xenes de salmón con xenes de fresa ou xenes de medusa con enbrions humanos, pero a Nanotecnoloxía xa permite a un nivel atómico, enlazar materia viva vexetal, animal ou humana, con materia morta ou inerte. A ficción de Terminator, metade robot, metade carne humana, xa é posible na pequena ou atómica dimensión das partículas "nan".

Pensar que algúns alimentos, cosméticos, medicamentos ou pesticidas xa se están producindo con esta tecnoloxía e vendendo inpúnemente, utilizando ao conxunto da Humanidade unha vez máis, como unha inmensa cobaia, sen saber ao que se expón e sen o seu consentimento. Este feito en si tería que ser considerado un delito contra a saúde pública e perseguible de oficio pola nosa querida e cega "Xustiza". Pero non nos fagamos ilusións e confiemos só nas nosas propias forzas para denunciar estes feitos ata que por pura vergoña se véxan obrigados a actuar, políticos, fiscais e xuíces.

Nas ligazóns que a continuación adxuntamos, podedes atopar unha información extraordinaria coa que non ides ficar indiferentes:

Fonte: joseppamies.wordpress.com
Vía: Cesar Lema