A continuación reproducimos con moita satisfación o artigo publicado no diario A República o 19 de xullo.

Pánico entre os agricultores de Estados Unidos. A transnacional de sementes transxénicas Monsanto non sabe que facer co amaranto (kiwicha) que acabou con numerosos campos de soia.

En Estados Unidos os agricultores tiveron que abandonar cinco mil hectáreas de soia transxénica e outras cincuenta mil están gravemente ameazadas.

Este pánico débese a unha "mala herba", o amaranto (coñecida no Perú como kiwicha) que decidiu oporse á transnacional Monsanto, tristemente soada pola súa produción e comercialización de sementes transxénicas.

En 2004 un agricultor de Atlanta comprobou que algúns brotes de amaranto resistían ao poderoso herbicida Roundup. Os campos vítimas desta invasora "mala herba" foran sementados con grans Roundup Ready, que conteñen unha semente que recibiu un xene de resistencia ao herbicida.

Desde entón a situación empeorou e o fenómeno estendeuse a Carolina do Sur e do Norte, Arkansas, Tennessee e Missouri. Segundo un grupo de científicos británicos do Centro para a Ecoloxía e a Hidroloxía, produciuse unha transferencia de xenes entre a planta modificada xeneticamente e algunhas herbas indesexables como o amaranto.

Esta constatación contradi as afirmacións dos defensores dos organismos modificados xeneticamente (OMX): unha hibridación entre unha planta modificada xeneticamente e unha planta non modificada é simplemente "imposible".

Segundo o xenetista británico Brian Johnson, "basta cun só cruzamento logrado entre varios millóns de posibilidades. Unha vez creada, a nova planta posúe unha enorme vantaxe selectiva e multiplícase rapidamente. O potente herbicida que se utiliza aquí, Roundup, a base de glifosato e de amonio, exerceu unha presión enorme sobre as plantas, as cales aumentaron aínda máis a velocidade da adaptación". Así, ao parecer un xene de resistencia aos herbicidas deu nacemento a unha planta híbrida xurdida dun salto entre o gran que se supón protexe e o humilde amaranto, que se volve imposible de eliminar.

A única solución é arrincar a man as malas herbas, como se facía antes, pero isto xa non é posible dadas enormes dimensións dos cultivos. Ademais, ao estar profundamente arraigadas, estas herbas son moi difíciles de arrincar co que, simplemente, as terras foron abandonadas.

Transxénicos soportan un efecto búmeran

O diario inglés The Guardian publicaba un artigo de Paul Brown que revelaba que os xenes modificados de cereais pasarán a plantas salvaxes e creado un "supergrao" resistente aos herbicidas, algo "inconcibible" para os defensores das sementes transxénicas.

Resulta divertido constatar que o amaranto ou kiwicha, considerada agora unha planta "diabólica" para a agricultura xenética, é unha planta sacra para os incas. Pertence aos alimentos máis antigos do mundo. Cada planta produce unha media de 12.000 grans ao ano e as follas, máis ricas en proteínas que a soya, conteñen vitaminas A e C, e sales minerais.

Así este búmeran, devolto pola natureza á transnacional Monsanto, non só neutraliza a este predador, senón que instala nos seus dominios unha planta que podería alimentar á humanidade en caso de fame. Soporta a maioría dos climas, tanto as rexións secas como as zonas de monzón e as terras altas tropicais, e non ten problemas nin cos insectos nin coas enfermidades co que nunca necesitará produtos químicos.

Fonte: peruverde.net
Vía: rikefoto