Arroz (LL62) con chícharos, patacas novas (Amflora)

Compostela 03 de marzo 2010.

- A Plataforma Galega Antitransxénicos fai forza coas organizacións da sociedade civil europea na rotunda oposición ao cultivo da pataca transxénica Amflora.
- Novas solicitudes de experimentación con organismos xenéticamente modificados na Galiza (A Coruña).
- Segue a medrar a oposición contra os organismos xeneticamente modificados: Allariz declárase concello libre de transxénicos.
- Asamblea aberta da PGA o vindeiro 5 de marzo, confirmar asistencia no enderezo info@galizasentransxénicos.org

Europa autoriza por primeira vez en 12 anos un cultivo transxénico

02/ 03/ 2010 [FARODEVIGO.COM]A Comisión Europea deu hoxe luz verde ao cultivo en territorio comunitario dunha pataca xeneticamente modificada que producirá a firma alemá BASF e que estará destinada á produción de amidón para a industria papeleira, pero cuxos subprodutos poderán empregarse para a fabricación de pensos para animais.

O cultivo da pataca 'Amflora'es a primeira autorización que o Executivo comunitario decide dende hai doce anos, despois do permiso que deu en 1998 á compañía Monsanto para cultivar o seu millo MON 810. Os Estados membros que non queiran que este cultivo se permita no seu territorio poderán adoptar "salvagardas" como xa fixeron seis países (entre eles Alemaña e Francia, pero non España) co millo MON 810.

O Concello de Allariz podería declararse hoxe Zona Libre de Tranxénicos

O pasado mes de decembro a Plataforma Galega Antitransxénicos reuniamonos co concelleiro de medioambiente de Allariz (Bernardo Varela) para proporlle a declaración do concello coma Zona Libre de Transxénicos.

O concelleiro mostrouse receptivo a todas as iniciativas propostas, dando comezo asi unha relación de traballo en prol dunha agricultura e consumo libres de transxénicos. No encontro mantido, Bernardo V. comprometeuse a apoiar actividades de sensibilización e/ou formación, propoñéndose como mediador de veciños/as, labregos/as e empresarios/as para a súa maior difusión e éxito.

A problemática dos OXM tratada na Radio Galega

15.02.2010 [RTVG] O doutor naturópata Javier Akerman expón argumentos na contra do emprego de OXM no programa Milenio, da Radio Galega.

http://crtvg.es/reproductor/inicio.asp?canal=radio&hora=17/02/2010%200:0...
(A partires do minuto 36.50)

Bruxelas aconsella "non excluír" os transxénicos na produción de alimentos

15.02.2010 [agroinformación.com] A agricultura mundial e a necesidade de garantir o abastecemento de alimentos requiren solucións e novas técnicas, entre as que non se poden excluír os transxénicos, segundo un informe, presentado hoxe en Bruxelas.

O estudo -publicado pola británica Royal Society- insiste en que hai unha gran "presión" para intensificar urxentemente a produción agrícola mundial -co fin de alimentar á poboación-, aínda que dunha maneira sustentábel, é dicir sen danos ao medio ambiente.

Galicia cultiva millo transxénico prohibido en países europeos

07.02.2010 [Xornal.com] Este ano está autorizada a plantación de cinco tipos de millo modificado en leiras de Mesía, Ribeira, Vilalba e Chantada.

Dende 1998, o Estado Español vén autorizando de forma sistemática os cultivos experimentais de sementes con organismos modificados xeneticamente (OGM) como o millo BT, coñecido tecnicamente como Compa CB, patentado por Syngenta Seeds. A estas empresas uníronse nos últimos anos Monsanto e Pioneer Hi Bre –unha filial de Du Pont– ou Bayer, líderes internacionais no seu sector que teñen a Galicia por terra de experimentación.

Denuncian ao Goberno mexicano por contaminación con millo transxénico

04.02.2010 [agroinformación.com] O Goberno mexicano denunciado por negarse a investigar a contaminación de cultivos locais con millo transxénico en Chihuahua.

Seis ONG e representantes da comunidade rural "El Consuelo" denunciaron ao Goberno mexicano ante a Comisión Interamericana de Dereitos Humanos (CIDH) por supostamente negarse a investigar a contaminación de cultivos locais con millo transxénico no estado de Chihuahua, informou hoxe Greenpeace.

Transxénicos e produción ecolóxica, 100% incompatibles

02.02.2010 [SEAE] Un estudo titulado “Alimentos máis sustentables: utilización das sementes transxénicas na agricultura ecolóxica”, foi galardoado co Premio "Junta General del Principado de Asturias-Sociedad Internacional de Bioética” (SIBI).

No que saíu á luz, no breve estudo de 100 páxinas chega a conclusións tan determinantes como que a agricultura ecolóxica non é sustentable a longo prazo, debido ao seu baixo rendemento, algo que obrigaría a un incremento cuantitativo de superficie cultivable para facer fronte á crecente demanda de alimentos, segundo a autora. Este é un argumento estrela das multinacionais propietarias dos transxénicos, contradicindo estudos recentes que chegaron a conclusións opostas.

Cultivo de transxénicos, ata en espazos protexidos

31.01.2010 [Galicia Hoxe]

A organización ecoloxista Amigos da Terra denunciou que as compañías biotecnolóxicas Bayer e Monsanto solicitaron permiso ó Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño (MARM) para tramitar ensaios con transxénicos “perigosos” en municipios españois que inclúen espazos naturais protexidos

Monsanto e Bayer solicitáronlle ao Goberno español permiso para realizar experimentos ao aire libre con cultivos transxénicos en municipios que engloban polo menos 50 espazos naturais protexidos, dende espazos da Rede Natura 2000 ata Parques Nacionais como Daimiel. Aló menos, iso é o que acaba de denunciar a organización ecoloxista Amigos da Terra.

Cultivos Modificados Xeneticamente para obter alimentos enriquecidos

29.01.2010 [agrodigital.com] O ISB News Report publicou un informe especial sobre como a enxeñaría xenética está a axudar a poder obter alimentos máis enriquecidos. O informe céntrase en tres exemplos do que as actuais investigacións están a conseguir: 1) plantas MG que producen ácidos graxos omega-3, 2) Plantas MG cun alto contido en vitamina B6 e 3) arroz MG cun alto contido en ferro.

Investigadores do Centro Rothamsted Research (Reino Unido) mostraron que a enxeñaría xenética pode desenvolver novas características graxas e esperan que nun futuro se poidan obter oleaxinosas ricas en ácidos graxos omega 3.

Charla o xoves 28 de xaneiro en Compostela

Este xoves 28 de xaneiro, Charo Sánchez, do Sindicato Labrego Galego e María Xosé Ogando, de Verdegaia, darán unha charla sobre organismos xeneticamente modificados no local da Gentalha do Pichel en Compostela ás 20:30 h.

Cen campos secretos de proba de transxénicos coa conivencia do PSOE

25.01.2010 [DIAGONALPERIODICO.NET] Desde 2008 non se publican as actas da Comisión Nacional de Bioseguridade que teñen que facer público en que campos do Estado español se cultivan Organismos Modificados Xeneticamente.

Empresas como Pioneer, Bayer ou Monsanto teñen as portas abertas para experimentar, a pesar de que recentemente saíu á luz un estudo, encargado e ocultado pola propia Monsanto, que demostra que esta clase de cultivos pode causar danos na saúde humana.

Charla sobre TRANSXÉNICOS Venres 22 en Tui

Este Venres comenzan unha serie de conferencias sobre saúde e nutrición organizadas pola asociación Obispo Lago de Tui de entrada gratuita.

Seran as 20:00 h na sala anexa ó museo municipal de Tui (antiguo convento de San Domingos).

  • 22 XANEIRO: “INFORMACIÓN SOBRE TRANSXÉNICOS”
    Por: César Lema Costas (Dr. En Bioloxía)
  • 29 XANEIRO: “FISIOLOXÍA E NUTRICIÓN HUMANA”
    Por: Cruz Sanchez G. del Hierro (Dietista)
  • 5 FEBREIRO “OS CEREAIS” “COMO FACER UN BO PAN NA CASA”
    Por: Cruz Sanchez G. del Hierro
  • 12 FEBREIRO “PRODUCCIÓN DE ALIMENTOS SANS”
    Por: Ágatha Broeskamp (Economista e Hortelana Ecolóxica)

AS 20 HORAS en: SALA ANEXA Ó MUSEO MUNICIPAL
(Antiguo convento de SAN DOMINGOS)

O SLG asina o Manifesto global contra as patentes sobre sementes e animais convencionais

O SLG continúa na loita contra as patentes
Non á monsantorización das plantas e animais de granxa

Adxuntos:

Documentación OMX 2009

Aqui temos a proba de que no 2008 se fixeron campos OMX na Galiza.

Novas solicitudes de campos tóxicos experimentais

Un resumo en inglés de todos os ensaios de campo con organismos modificados xeneticamente, que se fan en España e no resto de países da Unión Europea, pode consultarse na páxina Web do Joint Research Centre (JRC): gmoinfo.jrc.it

Informe sobre a actitude do consumidor británico fronte aos alimentos modificados xenéticamente

O estudo británico afirma que o consumidor ten pouca información sobre os OMGs. Baixo o título "Explorando as actitudes cara aos alimentos modificados xeneticamente (Exploring attitudes to GM food), a Axencia Británica de Seguridade dos Alimentos (FSA) publicou as conclusións do seu último estudo no que se analiza a actitude do consumidor ante os alimentos modificados xeneticamente (OGM). O estudo destaca nas súas conclusións que os consumidores teñen pouca información sobre estes alimentos e que demandan maior claridade para poder elixir libremente.

Novas sobre transxénicos en AGROEUROPA

Enviamosvos unhas novas sobre transxénicos publicadas no boletín "Agroeuropa, Informativos Agrarios" no nº 1.099 do 11 xaneiro 2010.

BIOTECNOLOGÍAS: Se reconoce en Francia el papel de los poderes locales en materia OMG
OMG: Experto del Gobierno Británico defiende el recurso a los Transgénicos
ARGENTINA: Se homológa una nueva variedad OMG

Os Transxénicos son xa prehistoria, algo mais perigoso nos estan dando xa para comer

Nanobiotecnoloxía, a invasión invisible dos nosos alimentos

O impacto da nanobiotecnoloxía na alimentación e a agricultura

O Grupo ETC editou un extraordinario traballo dos potenciais perigos da Nanotecnoloxía na súa aplicación na produción e transformación de alimentos.

Parece ser que xa non hai límites na creación de novas formas de vida, nunca concibidas na evolucion natural.

Sinatura contra as patentes e a "monsantorizacion" dos alimentos

Desde a Red de Semillas chegounos esta información, que consideramos de interese para difundir entre e desde a Plataforma:

Firme la Alerta Global contra la "Monsantorización" de alimentos, semillas y animales


Theme & Icons by N.Design Studio
Distribuir contido